Acaba
de chegar a pangalaica.com a entrada á Galicia Activa: economia, cultura, turismo, información, guias... o xeito máis dinámico,
entretido e cómodo de saber qué pasa e qué facer en Galicia.
Desde
aquí poderá entrar nas nosas guias locais, mercar os productos relacionados
e saber máis sobre os aspectos temáticos que lle presentamos: os lugares,
a natureza, o lecer, a historia, a arte, os aloxamentos, as empresas
e as persoas.
Pangalaica é a suma do esforzo da empresa Abertal Comunicacións
concentrado en ofrecerlle unha ollada á área galaica. Moitos
aspectos descoñecidos mais que representan parte do que Galicia é
realmente. Está feita con amor e con entrega, con moito esforzo e
devoción polo que facemos.
Detrás
de pangalaica.com hai moitas historias que contar, moitísimas... pero,
de veras, ningunha é tan grande como todas as historias pasadas, presentes
e futuras que se agochan detrás dos lugares, dos acontecementos, do
labor, das noticias e das xentes que realmente fixeron e fan posible
pangalaica.com: Galicia, en definitiva.
Que o aproveiten e o disfruten. Velaí
a nosa misión.