Galicia
ofrece unha ampla variedade de paisaxes, contraste de cores
do azul do mar ao verde intenso dos seus campos.
Presentámoslle
unha selección de catro áreas galegas de enorme interese cultural
con unha amplísima e variada oferta para facer da sua visita
moito máis que un pracer.
Falar
da historia de Galicia é falar de moito máis que a hoxe comunidade
autónoma galega.
A
nosa antiga cultura céltica e a colonización de Irlanda, o camiño
das estrelas ata o Finisterrae e a invención do mito de Santiago
Apóstol, a expansión galega na península durante a Reconquista
ou a unidade con Portugal, a descuberta do Novo Mundo e as suas
consecuencias... conforman unha historia singular moitas veces
descoñecida. Visite os nosos websites para saber máis dos atractivos
culturais, naturais e históricos.
|