BOAL
Capital gandeira do Navia
 
Terra rural de altos montes e verdes vales, Boal é a principal economía productora de leite das terras do Navia-Eo



Fértiles terras do río Navia

Boal é unha sucesión de montes e vales orientados principalmente cara o río Navia, grande arteria fluvial que nace nos Ancares de Becerreá e vai regando terras e xentes ata fundirse co mar Cantábrico na súa vila homónima. 

A principal economía gandeira da comarca encontra unhas condicións naturais idóneas nas paraxes de Boal, configuradas por altas montañas e fértiles vales. Na serra de A Bobia acádase a maior altitude da Britonia con 1201m., ofrecendo vistas ás terras de Eilao e Vilanova de Oscos. Máis é o septentrional Pico de Penouta con 899 m. o que ofrece o mellor panorama da Galicia oriental desde Burela ata o Cabo Peñas en Asturias. 

Os amantes da pesca poden disfrutar do seu deporte favorito nas fermosas paisaxes dos ríos Navia e Frouseira. O Navia é aproveitado para producción eléctrica nos encoros de Doiras e Arbón, aptos para a práctica de deportes náuticos.
 

A Feira do Mel de Boal

Os naturais montes e prados de Boal son a chave do sabor delicioso e característico do mel producido nestas terras. Para exaltar o seu rico e san mel, Boal celebra cada Outono a Feira do Mel, festividade gastronómico-comercial de grande popularidade e orixinalidade. 

Boal conserva un importante legado histórico-etnográfico como dan boa mostra as pinturas encontradas na Cova da Frouseira, en Doiras, ou os restos dos castros de A Escrita e de Pendía, este último de alto interese tanto pola súa localización como pola súa conservación. 

No tocante á arquitectura popular caben destacar os orixinais cabazos e os hórreos das terras de Boal, e na arquitectura civil sobrancean a ponte de Castrillón, no encoro de Arbón, e os exemplos do século XVIII do pazo de Berdín en Doiras, o pazo e capela de Prelo, e máis o conxunto arquitectónico de Serandinas
 

Para saber máis sobre Boal:
Concello de Boal: Praza do concello / tel: 985 620 240

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com