ECONOMIA
 
Sargadelos, a xenuína cerámica de Galicia

A calidade dos recursos naturais do solo de Cervo motivaron ao Marqués de Sargadelos, natural de Ferreirela de Oscos, a establecer no séc.XVIII na parroquia homónima unha fábrica de louza que foi o primeiro alto forno do sur de Europa, confirmado por Real Cédula de Carlos V en 1791. 

Desde 1845, Edwin Forester situou ás características pezas de louza branca de Sargadelos entre as máis prestixiosas cerámicas de Europa, ata que neste século o Laboratorio de Formas de Galicia e Cerámicas do Castro tomaron a dirección do centro alfareiro, innovando a tradición celto-galega con novas técnicas e ideas. 
 
 

A Feira de Mostras de Veigadeo

Denominada A Veiga de Ribadeo ata comezos do séc.XX, eran estas terras famosas polo curtido de peles, ferreiría, e mais pola sua industria de construcción de barcas. A ría do Eo constituía de Ribadeo ata Abres a secular e principal vía de comunicación da comarca, cunha dinámica actividade de constante tránsito de embarcacións comerciais, pesqueiras e de transporte. 

Como centro comercial da ría do Eo, Veigadeo acolle anualmente cada mes de xullo a Feira Internacional de Mostras, ponto capital de intercambio industrial, agrícola e artesanal. Unha das economías máis dinámicas do oriente galego, celébranse mercados regulares cada xoves e sábado, ofertando os mellores productos agropecuarios e artesanais. 
 



Burela, Principal porto boniteiro do Mar Cantábrico

Vila urbana desenvolvida recentemente gracias á importancia económica do porto e dos seus equipamentos sanitarios e administrativos, Burela é o porto cantábrico líder en captura do Bonito do Norte, Príncipe Azul de calidade suprema que dinamiza extraordinariamente a actividade portuaria durante o verán. 

Os productos do mar, peixes e mariscos son a especialidade culinaria de Burela, que celebra na primeira semana de agosto a gastronómica e abondosa Feira do Bonito. Destacan tamén os eventos lúdico-comerciais da Feira Monográfica do Mar, Expomar, en maio, ou a Feira de Mostras en agosto.

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com