XOVE
Enclave industrial
 
Principal localización industrial do norte de Galicia, esta antiga terra da Provincia de Mondoñedo goza dunha privilexiada dotación de recursos naturais costeiros e de interior



As paraxes naturais de Xove

A vocación innovadora de Xove queda de manifesto ao ser esta terra berce de Don Tomás Mariño Pardo, grande precursor da aviación mundial no séc.XIX co seu tratado sobre a navigación aérea. Aínda que principal enclave industrial do norte de Galicia, Xove posúe un grande atractivo natural na súa costa e no seu interior. 

Legado dos primeiros Galaicos son os 11 castros celtas conservados en Xove, dos que sobrancean os de Illade, Sumoas e Coto da Vela. Os cantís cantábricos agachan belas praias ideais para a práctica de deportes náuticos coma o surf, remo vela e motonáutica. As praias de Esteiro, Morás e Sucastro posuen unhas condicións eólicas ideais para a práctica do surf e windsurf, en tanto que as tranquilas praias de Portocelo e Lago son máis axeitadas para a pesca deportiva. Costa esgrevia e rachada, son de conmovedora beleza a Ponta Roncadoira e o seu faro, as illas de Ansarón, Os Netos, A Gabeira e Os Farallons. 

Os ríos Guilán e Rigueira son bons coutos para a pesca da troita. Desde o Rigueira pódense facer excursións polo río Maior admirando os seus vellos muiños de auga. Os coutos de caza de Xove son abondosos en xabarín, venado e perdiz. Son de extraordinaria fermosura as rotas de carreirismo pola Serra do Buio e Valadouro, os Montes de Cabaleiros e de Cervo, e máis a parroquia do Monte, con visitas ao Pozo da Ferida e aos cabalos salvaxes das Penas Agudas. 
 

A Romaría Internacional

Mostra excepcional da cultura mundial é a Romaría Internacional de Xove, evento que percorre durante o periodo estival toda Galicia e recala nesta vila no mes de xullo, como privilexiado escaparate da música, baile, artesanía e gastronomía doutras nacións. 

Outros festexos de interese en Xove son a popular romaría de Santo Antonio Ventureiro de A rigueira o 13 xuño, e máis a Feira de Gando de San Bartolo en San Isidro de Monte, o 24 de Agosto, romaría, mercado de  gando e celebración gastronómica na que non falta o polbo e a empanada. 
 

Para saberes máis sobre Xove:
Concello de Xove: camiño Real / tel. 982 592 001

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com