VALADOURO
A Rapa das Bestas
 
Terras ricas e fértiles regadas polo río Ouro, son características do Valadouro as máis bravas e espectaculares Rapa das Bestas de Galicia



A Rapa das Bestas de Valadouro

A Rapa das Bestas de Recaré, celebrada no mes de agosto, é unha sobranceira festa declarada de Interese Turístico Nacional. Do Valadouro son as máis espectaculares Rapa de Bestas de toda Galicia; Os mozos baixan as bestas salvaxes desde o Xistral ata os curros do val, onde se lle rapan as crins ás bestas e se marcan a lume, loitando corpo a corpo o home e o cabalo. 

Ademais desta anterga celebración etnográfica, organízase tamén no Valadouro un mercado semanal e unha feira de gando os mércores de mediados de mes. Son moi populares as festas patronais de Ferreira, as Festas do Oito, celebradas o 8 setembro. Goza igualmente de grande sona a exquisita Feira do Mel, organizada no mes de outubro. 
 

Valadouro turístico

Regando as verdes e fértiles terras de Alfoz e Foz en descenso cara ao Cantábrico, o río Ouro ten sona de ter contido ricas cantidades deste mineral prezado. Nacido nas serras de Buio e Cadramón, no Xistral de Muras e Abadín, son estas as montañas máis septentrionais de Galicia, con alturas superiores aos 1000m. e con paisaxes salvaxes de singular beleza. 

Legado da riqueza arqueolóxica do Valadouro quedan os castros de Recaré, Budián e Moucide, as antas de Sinás e de Freixulfe, e máis o círculo lítico do Prado das Chantas, un dos escasos cromlechs conservados en Galicia. 

En Santa Cruz encóntrase o Pazo de Gradaille, do séc.XVI, en Recaré domina a vista do val a Torre de Parga, e en Cadramón está a enxebre Capela de Santa Filomena, donada no ano 992 ao Bispado bretoñés polo Rei Ordoño. Na parroquia de Budián consérvase unha célebre cesteiría artesana do mimbre, e en Ferreira trabállanse as almadreñas. 
 

Para saber más sobre O Valadouro:
Concello de O Valadouro: Feira Nova, 1. A Ferreira / tel. 982 574 000

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com