Pezós é unha pequena terra agrícola e gandeira
do Alto Navia, ideal para a repousada práctica das actividades deportivas
de caza e pesca
Caza e pesca en Pezós
As
altitudes montesas de Pezós, como a Serra Ventosa en Cela, crean
bonitas paisaxes e tépedos microclimas que permiten a elaboración
de viño nestas septentrionais terras, concretamente na parroquia
de Pelorde. Outra actividade productiva artesán a destacar é
o mel, como testemuñan os numerosos cortines ou colmeas
protexidas cun muro de pedra contra a larpeiría dos osos, actualmente
ausentes dos montes de Pezós.
As paraxes fluviais dos ríos Navia, Augüeira, Puntigo e
Io crean coutos pesqueiros de troita de apacible beleza. Os próximos
encoros de Doiras e de Salime permiten a práctica de deportes
náuticos. O río Augüeira ofrece un área de
lecer con merendeiro e zona de baño. Nos montes de Pezós
practícase a caza e excursións a pé e con bicicleta
de montaña.
Testemuño
histórico dos primeiros galaicos son as minas das Furadías
en Brañavella e máis o castro de San Isidro, no linde
con Sanmartín de Oscos, que conserva
unha liña defensiva de laxas chantadas que tiña por obxectivo
disuadir á cabalería do inimigo. Na parroquia de Pezós
merecen visita o Pazo de Ron e a igrexa parroquial románica
de Santiago. As principais festividades son a feira de San Martín
o 11 novembro e A Asunción o 15 agosto.
Para saber máis sobre Pezós:
Concello de Pezós: praza González del Valle |