LOURENZÁ
O Mosteiro de San Salvador
 
Terra reputada pola excelente calidade da súa Faba, o Museu de Arte Sacro do Mosteiro de Lourenzá garda un sartego de mármore único en Europa



O sartego de mármore do Conde Santo 

No ano 969 o Conde Osorio Guterres, curmán do Rei Ordoño, fundou o mosteiro de San Salvador de Lourenzá recluíndose como frade á morte da súa muller. Sendo considerado como Santo polas xentes do lugar, o Conde Osorio trouxo dunha viaxe súa á Terra Santa un sartego de mármore de características únicas en Europa

O Mosteiro de Lourenzá, declarado Monumento Histórico-Artístico, consta da casa abacial e da igrexa, reformada en 1732 en estilo barroco polo mestre arquitecto da Catedral de Compostela Casas e Novoa. No seu interior está o Museu de Arte Sacro, que atesoura un dos relicarios máis importantes do arte galego, no que destaca o antedito sartego paleocristián do Conde Santo. 
 

A Festa da Faba de Lourenzá 

Terras gandeiras e forestais productoras de fabas e mobles de primeira calidade, son de excepcional beleza as súas paraxes naturais do Val da Cazolga, apreciado couto de pesca no que se encontra a ponte de 1796 sobre o río Masma. Remontando o río Batán cara a Riotorto enxérganse longas vistas do Masma, A Pontenova, Trabada e Abres

Dos monumentos arquitectónicos de Lourenzá destacan tamén as igrexas parroquiais de San Xurxo e San Adrao e o Pazo de Tovar, obra exemplar do estilo gótico-isabelino. Gozan de grande sona na comarca a Festa do Conde Santo, o último sábado de Agosto, e especialmente a gastronómica e folclórica Festa da Faba no mes de outubro. Celébranse seculares feiras os días 9 e 28 de cada mes, máis outra de carácter anual nas festas de San Marcial en outubro. 
 

Para saber máis sobre Lourenzá:
Concello de Lourenzá: praza do Conde Santo, Vilanova / tel. 982 121 006

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com