COAÑA
O Castro de Coaña
 
As terras naviesas de Coaña son célebres por atesouraren un dos mellores castros da cultura Galaica conservados na actualidade



O Castro de Coaña

Na parroquia de Vilacondide encóntrase un magnífico exemplo de arquitectura do hábitat dos Galaicos Lucenses, o Castro de El Castellón. A citania está situada nun emprazamento estratéxico, na beira do río Palmián, representando un dos mellor conservados castros galegos. A Aula Didáctica, sita perto do castro, permite coñecer as características do hábitat dos celtas de Gallaecia. 

Nas proximidades do castro pódese visitar a Estela Discoidea, un símbolo relacionado co culto solar dos moradores galaicos do Castro de Coaña. Outros monumentos a visitar en Coaña son o castro de Mohías, o convento románico de Santa María, e o Pazo de Cienfuegos-Jovellanos, do séc.XVIII, en Mohías. 
 

As terras do río Navia

Coaña mantén o paralelismo xeográfico típico das terras de Britonia : presidido pola altitude do Lebredo (834m) na Serra de Penouta, nos lindes con El Franco e Boal, o relevo accidentado das serras de Cadramón e A Vara descende progresivamente ata os cantís cantábricos do fermoso cabo de San Agustín. 

O río Navia deita por fin as súas augas no Cantábrico de Coaña tras ter dado riqueza a terras e xentes desde os Ancares de Becerreá. O Navia foi historicamente porta de Galicia para os peregrinos xacobeos que camiñaban a Compostela pola costa cantábrica, e actualmente esta arteria fluvial favorece unha dinámica actividade económica na comarca. 

A costa de Coaña ofrece as fermosas praias de Torvas e Arnelles, o Faro de San Agustín e máis o porto de Ortigueira. Remontando o Navia descúbrense o porto de El Espín, o troiteiro río Meiro e a Serra de Abredo, co seu famoso e cremoso queixo de vaca. 
 

Para saber máis do Castro de Coaña :
Castro de Vilacondide 985 978 401 
Concello de Coaña: Estrada Xarrio-Coaña / tel: 985 630 801

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com