CERVO
As Reais Fábricas de Sargadelos
 
As terras de Cervo son célebres pola súa tradición industrial, da que sobrancea a prestixiosa e nacional Fábrica de Louza de Sargadelos



Sargadelos, a xenuína cerámica de Galicia

A calidade dos recursos naturais do solo de Cervo motivaron ao Marqués de Sargadelos, natural de Ferreirela de Oscos, a establecer no séc.XVIII na parroquia homónima unha fábrica de louza que foi o primeiro alto forno do sur de Europa, confirmado por Real Cédula de Carlos V en 1791. 

Desde 1845, Edwin Forester situou as características pezas de louza branca de Sargadelos entre as máis prestixiosas cerámicas de Europa, ata que neste século o Laboratorio de Formas de Galicia e Cerámicas do Castro tomaron a dirección do centro alfareiro, innovando a tradición galega con novas técnicas e ideas. 

As antigas fábricas de louza de Don Antonio Raimundo Ibáñez, sitas perto da actual fábrica de Sargadelos, son actualmente Conxunto Histórico Patrimonial Nacional. O frondoso parque natural tamén acobilla o señorial Pazo do Marqués de Sargadelos, o Paseo dos Namorados, e máis o encoro do río Xunco. 
 

A Festa da Maruxaina de San Cibrao

A enxebre e típica parroquia de Cervo é cabeza administrativa destas terras, namentres que San Cibrao é un antigo porto medieval con asteleiros recentemente convertido en núcleo urbano. Entre Cervo e Xove localízase a factoría de Alúmina-Aluminio, o principal enclave industrial do norte de Galicia. 

Merecen ademáis visita en Cervo o Castro de Rueta e a igrexa de Santa María do séc.XVIII, Monumento Histórico-Artístico. En San Cibrao destacan o Pazo de Pedrosa, a Ponte de O Bao, Monumento Histórico-Artístico medieval, os restos da fábrica de salazón do Castelo Mariño, o Museo do Mar, e a magnífica vista desde o faro das ínsuas de Anxuela e Os Farallóns. Na península de A Paz encóntranse brancos areais como as praias galardonadas con Bandeira Azul de O Torno e Cubelas, e cara o leste está o importante porto pesqueiro de Burela

San Cibrao celebra o segundo sábado de agosto a Festa da Maruxaina, recreación das aventuras dunha serea nesta mariña bretoñesa, que inclúe unha romaría nocturna na praia de O Torno, concertos musicais e queimada. Outras enxebres festas a destacar son as Festas do Carme de San Cibrao, o Santiago de Sargadelos e a Santa Isabel de Lieiro no mes de xullo, o San Roque e a Queimada Popular de Cervo e máis a Festa do Turista de San Cibrao, no mes de agosto. 
 

Para saber máis sobre Cervo:
Concello de Cervo: praza do concello / tel: 982 557 777

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com