BARREIROS
As máis fermosas praias de Britonia
 
Barreiros é a xoia turística e residencial estival da Mariña, estación reputada pola beleza das súas internacionalmente coñecidas praias



As máis premiadas praias de Britonia

A rasa de Barreiros é unha das principais zonas residenciais e turísticas estivais. A acción erosiva creou no litoral marítimo unhas orixinais e belísimas formas xeolóxicas que adornan a infinda praia cantábrica. 

As praias de Barreiros, de limpas e cristalinas augas, gozan de excelente reputación fóra das nosas fronteiras, como así o demostran o inxente número de visitantes recibidos anualmente, igual que a mención recibida en forma de Bandeira Azul para as praias de Altar-San Bartolo, San Miguel e Reinante. Di a tradición que nos longos areais de Barreiros aparece ocasionalmente o Bítere, un opérculo pardo que dá a quen o encontre un ano de sorte e de amor. 

Desde o Pico de Corneria enxérgase un claro panorama da Ría de Foz e da boca do Masma. Merecen asemade visita en Barreiros os castros de Cabarcos e Vilamar, as casas de indianos, o couto de pesca de Celeiro, e a romaría de San Bartolo o 25 de agosto. 
 

Para saber máis sobre Barreiros:
Concello de Barreiros: San Cosme de Barreiros/ tel: 982 124 002

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com