ABRES
Couto de pesca do río Eo
 
O corazón das terras de San Tirso de Abres están regadas pola rica paraxe natural do río Eo, grande couto salmoneiro e troiteiro



O Camiño de Santiago por Abres

Santiso de Abres, parroquia importante do Camiño de Santiago, destaca particularmente pola tradición das súas edificacións relixiosas e polo encanto natural da súa paisaxe. A xacobea e ancián igrexa parroquial de Santiago de Abres, que conserva imaxes do Santiago peregrino e do Santiago cabaleiro, garda tamén un vello documento do ano 1784 no cal o Papa Pío VI concede indulxencia plenaria perpetua a todo aquel que visitare o templo o Día do Apóstolo. 

Outras construccións relixiosas en Santiso de Abres son a capela de San Xuán, edificada sobre unha necrópole bretona medieval, a igrexa parroquial de San Salvador co seu pórtico do séc.XVIII, e a ermida de San Francisco de Asís de Castromourela, un dos máis fermosos monumentos do leste galaico. 

Ademais de peregrinos, cruzaban tamén Santiso os arrieiros de Castela, memoria presente nos restos dun antigo mesón en Espasande, e máis o camiño de ferro Vilaoudriz-Ribadeo. A vía férrea procedente das minas de A Pontenova traza un fermoso percorrido baixando o río Eo através de impresionantes túneles e paisaxes. 
 

Historia e gastronomía en Abres

Legado do primeiro hábitat dos Galaicos son testemuño as Croas de Castromourela, o foxo defensivo de 6m. de profundidade das Croas de Eilale, e máis o castro de Vilela, que tamén conserva vestixos do seu alto muro defensivo. 

Pertencente á comarca rica en explotacións de minerais comprendida entre A Pontenova e Os Oscos, consérvanse outros restos históricos como as antas de Monte Modia e a Pedra do Gouño de Ouro de Solmaior, pedrafita ou menhir de seixo con inscripcións crípticas de orixe natural, á que os Galaicos de Abres lle atribúen misteriosas orixes. Igual acontece coa Pena do Encanto, unha inmensa masa granítica a carón dunha fervenza en Salcido, obxecto de numerosas lendas no lugar. 

Santiso de Abres está cruzado de sur a norte polo rico couto salmoneiro e troiteiro do río Eo, que é salvado en varios tramos por 3 enxebres pontes. Paradiso do pescador, está a disposición pública un refuxio para os máis pertinaces na pesca de salmónidos ou troitas. Ademáis da sabrosa gastronomía de Abres, descubra o visitante a súa típica artesanía da madeira e máis as praias próximas de Barreiros e Tapia
 

Para saber máis sobre Abres:
Concello de Abres: Praza do Concello, El Llano

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com