A EXECUCION DO MARECHAL PERO PARDO DE CELA

Per treyzón tamén vendido
Jesús, nosso Redentor,
e por questes treydores,
Pero Pardo, meu Señor.

(Lamento da Frouseira)

 
Prendido o 7 decembro 1483 tras 3 anos de belixerancia militar contra os Reyes Católicos, O Marechal foi condenado a execución pública na rebelde capital de provincia do Reino de Galicia de Mondoñedo xunto ao seu fillo e ao nobre e leal Señor Pero de Miranda. 

A esposa de Pardo de Cela, Dona Isabel de Castro, marchou de seguido a unha audiencia coa súa parente a castelá Reina Isabel, obtendo un indulto condicional para os tres nobres galegos condenados a morte. En chegando de volta a Mondoñedo pouco antes da execución do Marechal tras dez días de viaxe ininterrupida, Dona Isabel foi recibida na entrada da Cidade polos homes do Bispo de Mondoñedo. 

Fadrique de Guzmán, Bispo de Mondoñedo, era un home ambicioso dunha mellor carreira político-eclesiástica baixo o reinado dos Reyes Católicos que ademais sentía un odio mortal por Pardo de Cela xa que O Marechal nunca acatara as ordes do seu poder eclesial. Así, o bispo traidor fixo entreter na chamada Ponte do Pasatempo á Dama namentres se apuraba a execución na Praza da Catedral. 

O día 17 decembro 1483, diante dunha multitude que esperaba o indulto para o seu Señor, o último defensor da soberanía do Reino de Galicia era decapitado na Praza de Mondoñedo, rodando a súa cabeza ata a porta da Catedral ao tempo que gritaba: 

- CREDO!, CREDO!, CREDO!
 

O corpo de Pero Pardo de Cela e do seu fillo foron feitos desaparecer para evitar a veneración dos heroes galegos, e o castelo da Frouxeira foi destruído. Constanza de Castro, filla do Marechal que loitou tamén pola soberanía do Reino de Galicia desde o castelo de Caldaloba, repousa no Convento de San Francisco de Viveiro, onde foi enterrada en odor de santidade

Segundo a Relazón da Carta Executoria, tal foi a indignación que causou en Galicia a traizón a Pardo de Cela que os desleais e máis os seus descendentes foron declaralos inhábiles para testemuñas en calquera información. 

Tras o 17 decembro 1483 caíron en mans do Reino de Castela outros nobres galegos leais á soberanía de Galicia, moitos deles vasalos do Marechal, ata terminar co sitio de Ponferrada, a última cidade galega en resistir os exércitos dos Reyes Católicos. 

Aquela data marca o comezo da decadencia e depresión do Reino de Galicia, perda da súa soberanía como nación próspera, comercial e influinte en Europa, e inicio dunha persistente colonización económica, emigración e censura cultural. 

Os principais restos históricos conservados actualmente de O Marechal son as ruínas do Castelo de A Frouxeira, a Ponte do Pasatempo, e A Mariscala ou cadeas que suxeitaron os pes de Pardo de Cela na prisión antes da súa execución, exhibidas no Museo Provincial de Lugo.

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com